Xoves de Ciencia e Cañas, 24 de setembro
O xoves, 24 de setembro, ás 18.00 horas, na Aula Galeno da Facultade de Veterinaria, terá lugar unha nova edición do evento «Xoves de Ciencia e Cañas», organizado pola Asociación Agromar xunto coas investigadoras do Campus Terra Ana Fresno e Marta Prado.
O obxectivo deste evento é dar a coñecer, dun xeito ameno e distendido, a investigación que se está a desenvolver no campus, achegándoa a toda a comunidade universitaria. Preténdese así favorecer o intercambio de ideas, impulsar a colaboración interdisciplinar e crear un espazo de encontro que contribúa a coñecernos mellor e a fortalecer a vida académica e investigadora do noso campus.
Achégase o programa do evento.
Un saúdo,
Universidade de Santiago de Compostela
Secretaría de Decanato
Facultade de Veterinaria
27002 Lugo
Tfno.: 982 822 024
