DOG: Curso de Diplomado en Saúde Pública / Curso de Diplomado en Salud Pública
Lexislación publicada no DOG de onte sobre a “RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se publica a convocatoria do curso de Diplomado en Saúde Pública”:
A Dirección Xeral de Saúde Pública convoca a realización do curso de Diplomado en Saúde Pública, edición 2027, a través da Escola Galega de Saúde Pública e da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, acreditado pola Escola Nacional de Sanidade.
O obxectivo deste curso é proporcionar ao profesional da saúde un coñecemento máis profundo das diversas disciplinas da área da Saúde Pública e dar a coñecer os instrumentos imprescindibles que se utilizan para a interpretación, control e avaliación dos problemas de saúde.
O curso constará de 275 horas lectivas, distribuídas en 200 teóricas e 75 prácticas dedicadas á elaboración dun traballo sobre casos e problemas próximos ao ámbito profesional e da contorna dos participantes, que se defenderá ante un tribunal ao final do curso (30 ECTS).
Calendario:
Parte teórica: do 25 de xaneiro ao 19 de xuño de 2027.
Presentación do traballo final: 18 e/ou 19 de outubro de 2027.
Metodoloxía docente: as horas de contido teórico, así como as probas de avaliación de coñecementos, realizaranse na modalidade de teleformación. A defensa do traballo final será presencial, na sede da ACIS en Santiago de Compostela.
Oferta de prazas: 50 prazas.
O prezo de matrícula: 800 euros.
As solicitudes deberán dirixirse á caixa de correo electrónico: escola.saude.publica@sergas.es, atendendo ás bases establecidas na convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de novembro de 2026. O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de decembro de 2026.
Pode acceder á páxina do curso na web da Escola Galega de Saúde Pública: https://escolasaudepublica.sergas.gal/gl/escola/diplomado-en-saude-publica
