Difusión de xornadas de IBR
Xornadas Internacionais sobre a IBR que van ter lugar o 12 e 13 de xuño en Santiago de Compostela:
O meu nome é Carmen Calvo Santalla, son veterinaria e traballo no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, centro pertencente á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organismo adscrito á Consellería do Medio Rural.
Póñome en contacto con vostedes porque desde a AGACAL organízanse unhas xornadas internacionais sobre a IBR, onde relatores procedentes de varios países europeos, e tamén españois exporán os programas de control desta enfermidade realizados nos seus territorios. Ademais, haberá mesas redondas para dialogar sobre varios aspectos como os programas nacionais, o control desta enfermidade en Europa, o diagnóstico ou o uso de vacinas.
As xornadas van ter lugar en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura, os días 12 e 13 de xuño.
Xunto o cartel anunciador, así como o programa e o link para a inscrición.