Curso para veterinarios substitutos matadoiros 2025

Dentro do plan de formación para o ano 2025, estase a seguir formando ao persoal veterinario que realice substitucións en matadoiros.

É por isto que, como anos anteriores, a través da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) se convoca unha edición do curso Formación básica en inspección de matadoiros para persoal substituto.

Dito curso será o 7 de maio de 2025, en horario de mañá e tarde, na EGAP de Santiago de Compostela.

A convocatoria sae no DOG de onte, xoves, 20 de febreiro ( https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250220/AnuncioO150-130225-0001_gl.pdf )

A data de inscrición para esta edición comeza hoxe 21 de febreiro e remata o 25 de febreiro de 2025.

O número de prazas está limitado a 25 e código do curso é FC25110.

O programa é o seguinte:

  1. Rexistros e seguimento da inspección en SEMAGA e consultas en VETMAGA (2,5 horas)
  2. Inspección de ungulados (1,5 horas)
  3. Técnica de detección de triquina (1 hora)
  4. Actuacións específicas en matadoiros de aves e lagomorfos (2,5 horas)
  5. Lesións anatomopatolóxicas máis frecuentes (2,5 horas)

Debido a que o obxectivo é formar de forma paulatina ao persoal veterinario que realicen substitucións, as condicións para inscribirse son:

  • Veterinarios/as inscritos nas listas de vinculación temporal do Decreto 37/2006, que non estean en suspensión de chamamentos ou penalizados/as.
  • Veterinarios/as que non realizaran ningunha das edicións anteriores dos anos 2022, 2023 e 2024.
  • Veterinarios/as con pouca experiencia na inspección de carnes nos establecementos de sacrificio.

En caso de cumprir cos requisitos anteriores, a orde de prioridade virá determinada pola orde de inscrición.

Un saúdo

Félix Afonso Feijóo

Xefe de zona veterinaria de Verín

Departamento Territorial de Sanidade de Ourense