Curso EGAP para veterinarios substitutos de matadoiros

Dentro do plan de formación para o ano 2023, a Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde está a seguir formando ao persoal veterinario que realice substitucións en matadoiros.

É por isto que, como o ano pasado, realízanse polo de agora unha edición do curso Formación básica en inspección de matadoiros para persoal substituto.

Dita edición será o 4 de xuño de 2024, en horario de mañá e tarde, na EGAP (Escola Galega de Administración Pública) de Santiago de Compostela.

A convocatoria sae no DOG de hoxe, 01 de marzo. A data de inscrición para esta edición comeza o día seguinte e remata en 10 días.

O número de prazas está limitado a 25 e código do curso é FC24093.

O programa é o seguinte:

  1. Rexistros e seguimento da inspección en SEMAGA e consultas en VETMAGA (2,5 horas)
  2. Inspección de ungulados (1,5 horas)
  3. Técnica de detección de triquina (1 hora)
  4. Actuacións específicas en matadoiros de aves e lagomorfos (2,5 horas)
  5. Lesións anatomopatolóxicas máis frecuentes (2,5 horas)

Debido a que o obxectivo é formar de forma paulatina aos veterinarios que realicen substitucións, as condicións para inscribirse son:

  • Veterinarios/as inscritos nas listas de vinculación temporal do Decreto 37/2006, que non estean en suspensión de chamamentos ou penalizados/as.
  • Veterinarios/as que non realizaran ningunha das edicións anteriores dos anos 2022 ou 2023.
  • Veterinarios/as con pouca experiencia na inspección de carnes nos establecementos de sacrificio.

En caso de cumprir cos requisitos anteriores, a orde de prioridade virá determinada pola orde de inscrición.

Un saúdo

Félix Afonso Feijóo

Xefe de Servizo de Control e Auditorías

Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde

Dirección Xeral de Saúde Pública

Consellería de Sanidade

VER / DESCARGAR