📢 Apaixonad@s pola Veterinaria!, 28 de outubro
Nova sesión do ciclo Apaixonad@s pola Veterinaria, o programa da Facultade de Veterinaria que busca achegar ao estudantado referentes profesionais e traxectorias inspiradoras.
Nesta ocasión contaremos con José Enrique Rodriguez Coello, director da sede de AENOR en Galicia, cunha traxectoria profesional de máis de dúas décadas na certificación AENOR, combina unha sólida visión técnica e unha constante capacidade de adaptación ao cambio.
📅 Data: 28 de outubro de 2026
🕒 Hora: 18.00 horas
📍 Lugar: Sala de Xuntas, Facultade de Veterinaria
💡 Será unha excelente oportunidade para coñecer a traxectoria dun profesional con máis de 20 anos de experiencia na sede de AENOR en Galicia. Ao longo da súa carreira desempeñou funcións como técnico, achegou a súa experiencia ás Administracións Públicas e liderou o desenvolvemento de negocio cun firme compromiso coa confianza, a responsabilidade e a profesionalidade. O seu traballo actual céntrase en crear alianzas estratéxicas, achegar valor a través da innovación e conectar as necesidades do sector cunha visión de futuro.
Animámoste a participar e coñecer as claves da xestión, da calidade e do desenvolvemento profesional da man dun experto, así como descubrir unha nova saída profesional!
