ACTUALIZACIÓN: Información sobre personal veterinario autorizado para administrar vacuna lengua azul
“PROTOCOLO DE VACINACIÓN DE LINGUA AZUL PRO PERSOAL VETERINARIO PRIVADO; Rev 1 11/08/2023″:
Para a información aos colexiados interesados, achego información «revisada» co «PROTOCOLO DE VACINACIÓN DE LINGUA AZUL PRO PERSOAL VETERINARIO PRIVADO; Rev 1 11/08/2023»
Entre outras modificacións incluese a do Anexo I (DECLARACIÓN ANEXA Á SOLICITUDE).
Saúdos
Andrés Hermida Trastoy
——————————
Bo día,
A vacinación do gando bovino ou ovino fronte á Lingua azul por parte de veterinarios/as clínicos/as debe ser previamente autorizada pola Consellería do Medio Rural.
As persoas veterinarias interesadas deberán solicitar a autorización por medios electrónicos mediante a cobertura do formulario PR004A obtido na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) e dirixido á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.
A autorización por parte da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias seralle comunicada á persoa solicitante a través do sistema Notifica.gal.
Cada persoa veterinaria autorizada disporá dun código numérico que lle identifica individualmente no rexistro de persoal veterinario relacionado coa CMR (base de datos de gandaría-SIGAN e base de datos de “terceiros” de REAGA). Así mesmo, este código será necesario para que a persoa poda rexistrase na aplicación FICADI móbil e rexistrar as vacinacións que leve a cabo.
A OR de referencia da Consellería do Medio Rural indicada polo veterinario/a será o punto de contacto, tanto para a recollida da vacina e outro material que fora preciso, como para a entrega de calquera documentación ou a comunicación ao servizo veterinario oficial (SVO) de calquera incidencia que sucedera relacionada coa aplicación da vacina.
Saúdos
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Área de Ruminantes