Último mes para inscribirse no Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias
Último mes para inscribirse no XV Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias
A nova edición do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias da Fundación Juana de Vega desenvolverase en 2027, no que cumpriremos 15 anos acompañando ás persoas emprendedoras e empresas que crean riqueza no rural galego.
A XV edición será aínda máis especial, xa que temos unha novidade: o GreenHub Verín-Monteval, un itinerario territorial específico para os concellos ourensáns da Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós e a súa contorna.
Por se non o coñeces, o Programa de Apoio a Empresas Agrolimentarias é un programa de formación e mentorización especializada para emprendedores e empresas de Galicia dos ámbitos agroalimentario, forestal, bioeconomía, marisqueiro, pesqueiro e iniciativas de base tecnolóxica e servizos que dean soporte aos anteriores.
Coma todos os anos, as persoas interesadas poden presentarse en dúas modalidades: Emprendemento, para ideas ou proxectos en fase inicial, e Crecemento e Consolidación, para emprendedores e empresas interesadas en mellorar algún aspecto do seu negocio.
O prazo de inscrición finaliza o martes, 8 de decembro. Non esperes ao último día‼️
ℹ️ Animámoste a compartir esta información con outras persoas para chegar ao máximo número de emprendedores e empresas rurais de Galicia que poidan beneficiarse da iniciativa.
Fundación Juana de Vega
Copyright © 2026. Todos os dereitos reservados.


