Xoves de Ciencia e Cañas, 29 de outubro
Hoxe xoves, 29 de outubro, ás 18.00 horas, na Aula de Seminarios da Sede do iTERRA (Facultade de Veterinaria, Pavillón 4, andar 3) terá lugar unha nova edición do evento «Xoves de Ciencia e Cañas», organizado pola Asociación Agromar xunto coas investigadoras do Campus Terra Ana Fresno e Marta Prado.
O obxectivo deste evento é dar a coñecer, dun xeito ameno e distendido, a investigación que se está a desenvolver no campus, achegándoa a toda a comunidade universitaria. Preténdese así favorecer o intercambio de ideas, impulsar a colaboración interdisciplinar e crear un espazo de encontro que contribúa a coñecernos mellor e a fortalecer a vida académica e investigadora do noso campus.
Un saúdo,
Universidade de Santiago de Compostela
Secretaría de Decanato
Facultade de Veterinaria
27002 Lugo
Tfno.: 982 822 024
