Fundación Juana de Vega: Convite xornada final do Grupo Operativo Granxas Modelo en Santiago de Compostela
Convite á xornada final do Grupo Operativo Granxas Modelo en Santiago (sede IXP Ternera Gallega)
Nunha semana, o mércores, 21 de outubro, organizamos a xornada técnica final do Grupo Operativo Rede Galega de Granxas Modelo para presentar os principais resultados destes dous anos de traballo, incluído o útimo estudo de custos para o ano 2025.
📆 Mércores, 21 outubro 2026
⌚ 11:00 a 13:45h
📍 Sede do Consello Regulador das IXP Ternera Gallega e Vaca galega – Boi Galego, Santiago de Compostela [Ver como chegar en Google Maps]
👥 50 prazas
📲 Asistencia de balde previa inscrición ⤵️
O sector do vacún de carne é fundamental para o mantemento do rural galego. Contribúe de maneira especial á xestión do territorio e á conservación da paisaxe en mosaico agroforestal, tan característico da nosa comunidade.
Conscientes desta realidade, o consorcio de Grupo Operativo Rede Galega de Granxas Modelo estableceu unha rede de granxas de vacún de carne representativas da realidade do sector en Galicia que achega datos técnicos e económicos para a elaboración de estudos anuais de custos.
Estes estudos van permitir mellorar a capacitación dos xefes de explotación e asesores técnicos, favorecendo unha xestión máis eficiente e, en consecuencia, unha maior rendibilidade e viabilidade a longo prazo.
Máis información na web: redegranxasmodelo.juanadevega.org

