📢 Apaixonad@s pola Veterinaria!, 14 de outubro, 18.00h
Abrimos unha nova sesión do ciclo Apaixonad@s pola Veterinaria, o programa da Facultade de Veterinaria que busca achegar ao estudantado referentes profesionais e traxectorias inspiradoras.
Nesta ocasión contaremos con José Manuel Venzal Bianchi, Licenciado en Veterinaria pola Universidad de la República (Uruguay), e Doutor pola Universidad de Zaragoza (2008). Actualmente é Profesor Agregado (Grao 4) de Parasitoloxía e Enfermidades Parasitarias e coordinador do Laboratorio de Vectores y Enfermedades Transmitidas, CENUR Litoral Norte-Salto, Universidad de la República, Uruguay. É membro da Academia Nacional de Veterinaria.
📅 Data: 14 de outubro de 2026
🕒 Hora: 18.00 horas
📍 Lugar: Sala de Xuntas, Facultade de Veterinaria
💡 Será unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man o percorrido formativo dun investigador referente mundial no seu campo. A súa investigación céntrase, principalmente no estudo de carrachas e enfermidades transmitidas por vectores, o que se traduce na publicación de máis de 220 artigos en revistas científicas indexadas internacionais e nacionais, así como libros e capítulos de libros.
Animámoste a participar e descubrir unha nova perspectiva da profesión veterinaria!
