FINALIZACIÓN CONFINAMENTO AVES ZONAS DISTINTAS DE ZER E ZEV

Información do Xefe do Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia sobre a finalización do confinamento das aves en Galicia:

Achego Orden APA 338/2026 publicada onte no BOE que deixa sen efecto a Orden APA 1288/2025 de 11 de novembro, que establecía, entre outras medidas, o confinamento de explotacións avícolas co obxecto da prevención e control do contaxio por influenza aviaria.

Coa publicación desta orde finaliza o confinamento das aves en todos os concellos de Galicia, debido á mellora na situación de risco de aparición de influenza aviaria en España (Esta nova está relacionada coa publicada o mércores 1 de abril de 2026).

Saúdos

Jesús Javier Orejas Fernández

Xefe do Servizo de Sanidade Animal

Subdirección Xeral de Gandaría

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Consellería do Medio Rural

Edificio administrativo núm. 4 San Caetano, 2ª planta

15781 Santiago de Compostela

981 544 782

jesus.javier.orejas.fernandez@xunta.gal