XORNADA SANIDADE ANIMAL GANDAGRO

O venres día 21 de febreiro, e con motivo da V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería (GANDAGRO) que se organiza na Feira Internacional de Galicia (Silleda) celebrarase unha xornada informativa e formativa de sanidade animal. A xornada, que se centrará na situación da Lingua azul e a EHE en Galicia e a bioseguridade nas explotacións bovinas, comezará ás 10:15 da mañá (haberá dispoñible un café para os que cheguen antes desa hora), e desenvolverase na Sala, do Mirador, ao lado do Club do Expositor.

A xornada, que consideramos de moito interese, vai dirixida a persoas gandeiras e tamén ás persoas veterinarias que desexen asistir.

Jesús Javier Orejas Fernández

Xefe do Servizo de Sanidade Animal

Subdirección Xeral de Gandaría

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Consellería do Medio Rural

VER / DESCARGAR XORNADA

VER / DESCARGAR ACTIVIDADES