CIAM – VIII edición do Seminario Práctico: Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética

O próximo 19 de novembro de 2021 impartirase no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) a VIII edición do «Seminario Práctico: Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética».

Trátase dunha actividade enmarcada no plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e da información ao agro galego 2021 que se desenvolve durante unha xornada en horario de 10:00 a 20:30 horas, dende un punto de vista eminentemente práctico e tendo como obxectivos principais:

1. Localización da información (catálogos, webs, análises xenéticas e xenómicas…) e selección da información de interese para cada explotación en función dos obxectivos produtivos.

2. Interpretación axeitada da información. 

3. Aplicación práctica

– Apareamentos idóneos para conseguir a mellora dos caracteres de interese (leite, graxa, proteína, lonxevidade,…)

– Selección dos animais idóneos para garantir a mellor reposición.

– Apareamento cos sementais idóneos en cada caso.

– Material xenético galego como material de calidade contrastada para cruces en pureza e cruzamento industrial.

4. Incremento da rendibilidade dunha explotación có manexo adecuado das ferramentas que brinda a mellora xenética. 

Para garantir o seu carácter práctico contarase con técnicos de dilatada experiencia profesional neste eido.

En caso de estar interesados/as en asistir deberá cumprimentarse a folla de inscrición adxunta e remitila por correo electrónico a ciam.cmr@xunta.gal ou por fax (881 881 800). Prazas limitadas (20).

Tamén se poden descargar da páxina web: http://ciam.gal/sp/index/?r=actividades.detalle&id=1347

VER OU DESCARGAR INFORMACIÓN

VER OU DESCARGAR FORMULARIO INSCRICIÓN