📢 Apaixonad@s pola Veterinaria!, 23 de setembro, 18.00h

Retomamos as nosas charlas-coloquio dentro do ciclo Apaixonad@s pola Veterinaria, o programa da Facultade de Veterinaria que busca achegar ao estudantado referentes profesionais e traxectorias inspiradoras.

Nesta ocasión contaremos con Iolanda Ces Gómez, veterinaria responsable de Animalarios de Alta Contención e Bioseguridade no Grupo Zendal. Cunha traxectoria de máis de dúas décadas, e un mapa de aprendizaxe constante explorando os múltiples camiños da nosa profesión.

📅 Data: 23 de setembro de 2026
🕒 Hora: 18.00 horas
📍 Lugar: Sala de Xuntas, Facultade de Veterinaria

💡 Será unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man o percorrido formativo unha vez rematado o grao ata atopar o campo de desenvolvemento profesional persoal. Ao longo destes anos traballou como técnica de campo, na clínica de pequenos animais e na inspección de saúde pública, ata mergullarse de cheo no sector da investigación biolóxica e a biotecnoloxía. O seu traballo céntrase en tres bases fundamentais: Rigor e Bioseguridade, Benestar Animal e Saúde Global.

Animámoste a participar e descubrir unha nova perspectiva da profesión veterinaria!

VER CARTEL

Un saúdo,

Universidade de Santiago de Compostela

Secretaría de Decanato

Facultade de Veterinaria

27002 Lugo

Tfno.: 982 822 024